¡Boas a todos e a todas!
Como ben puidestes observar nas
anteriores entradas, mostrámosvos
unha serie de recursos que foron elixidos por nós en diversos repositorios para
incluír no noso proxecto final.
Pois ben, hoxe traemos unha serie de recursos audiovisuais
creados por nós mesmas, para confecciónalos tivemos que utilizar
algunhas das ferramentas que vos mostramos a semana pasada.
Por unha banda, Tania creou un
Voki no que, unha personaxe disfrazada de vaqueira, invita aos nenos e nenas a
acudir ao Entroido do Triángulo Máxico. Ademais, esta personaxe realiza unha recopilación do que poden encontrar
nestas vilas durante os días nos que se celebra o Entroido.
Por outro banda, Uxía elaborou un
Videoquiz con Educaplay no que se fala a grosso modo sobre o Entroido de Verín,
Xinzo de Limia e Laza. Durante o transcurso do video irán aparecendo diversas
preguntas para que os nenos e nenas poñan a proba a súa capacidade memorística
e de atención.
E, para rematar, creamos en
conxunto un video turorial no que falamos do Entroido en Galicia, concretamente
do denominado Triángulo Máxico, o cal está formado polas vilas de Verín, Xinzo de
Limia e Laza. Neste video tutorial mostraremos como é o día a día nestas vilas
durante as semanas previas e a semana grande do Entroido xa que, este triángulo
segue tendo as súas bases na tradición e na historia deses pobos.
¡Ata a próxima amigos e amigas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario