mércores, 31 de xaneiro de 2018

REFLEXIÓNS TEÓRICAS

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS

RECURSOS PARA A AULA

FERRAMENTAS TIC

REFLEXIÓN INICIAL

¡Moi boas a todos e a todas!

Aquí vos traemos un blog cargadiño de entradas sobre o Entroido galego, en especial, sobre o famoso "Triángulo Máxico" composto polas vilas de Verín, Xinzo de Limia e Laza. 
Eliximos este tema, xa que, como ben dixo a miña compañeira, provimos dunha das vilas deste triángulo; pero non só por iso, tamén, porque é unha Festa de Interese Turístico Nacional que pertence á nosa cultura e non queremos que se perda, por iso, neste blog queremos transmitir os nosos valores ancestrais a nivel internacional.

Con respecto á materia, considero que só teño os coñecementos básicos en informática, polo que esta materia, tanto a nivel teórico como a nivel práctico, axudarame a formarme máis neste ámbito, o cal poderei aplicar na miña futura labor como docente, ademais de aplicalo tamén no meu día a día, xa que na actualidade as novas tecnoloxías desempeñan un papel fundamental.


¡Un saúdo e ata a próxima entrada!

martes, 30 de xaneiro de 2018

REFLEXIÓN INICIAL

¡Benvidos e benvidas a todos e todas ao blog!

Antes de nada, gustaríame aclarar que este blog foi creado para a materia de Novas Tecnoloxías, na cal eliximos o tema “Triángulo Máxico” que se refire, como o seu nome ben indica, ao triángulo que mellor representa o Entroido galego. 
Ademais, a miña compañeira e eu escollemos esta temática por dous motivos; un deles é que nos sentimos moi identificadas co Triángulo Máxico, xa que nos provimos dunha das vilas deste triángulo; e o outro motivo é que temos que loitar para que a nosa cultura siga presente no noso día a día.

En canto á materia, teño que dicir,  que non puiden acudir a primeira clase polo que pouco a pouco estou adquirindo nova información acerca desta. Aínda que, eu penso que as prácticas desta materia me van a ser moi útiles para desenvolver a miña futura labor de docente.



Un pracer e… ¡Ata o próximo post!

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...