martes, 27 de febreiro de 2018

Póster Dixital


¡Boas a todos e a todas!

Seguro que nas anteriores entradas vos preguntastes que función desempeñarían os recursos elixidos. Pois ben, hoxe sacarémosvos de dúbidas.

Os recursos que vos mostramos con anterioridade non foron elixidos ao azar, senón todo o contrario xa que, os escollemos minuciosamente para posteriormente crear un póster coa aplicación Glógster.

O póster, que vos mostraremos a continuación, está integrado polos recursos didácticos; por unha nube de tags creada por nós mesmas na que, aparecen as palabras máis senlleiras do Entroido do Triángulo Máxico e por un código QR que serve para que, vos os usuarios poidades visitar a nosa páxina web a través do móvil.



Pois, con isto, rematamos  a sección dos recursos dixitais. Esperamos que fose do voso agrado e que vos sirvan de moita utilidade.

Moitas grazas e… ¡Ata a próxima entrada!


mércores, 21 de febreiro de 2018

Últimos recursos

¡Bos días a todos e a todas! 

Despois deste tempo que estivemos un pouco ausentes, como ben dixo a miña compañeira, traémosvos unha serie de recursos didácticos cos que ampliar os coñecementos sobre o Entroido, ao mesmo tempo que vos entretedes e o pasades ben. 

Eu téñovos preparados 3 recursos dos máis interesantes. O primeiro que escollín chámase "Caza do Tesouro: O Entroido en Galicia", que é un recurso moi útil para ampliar os coñecementos do alumnado con respecto ao Entroido, mediante a realización de diversas cuestións relacionadas con este. Podedes acceder clicando aquí.

O segundo que escollín ten un nome moi divertido "Entroido na Carballeira". Este é un recurso que se centra en diversas actividades, como contos, xogos, disfrazar aos personaxes, colocar as palabras nos recadros axeitados, etc. O obxectivo deste recurso é fomentar a tradición do Entroido, a través dunha historia sinxela. Podedes acceder aquí.



E, por último, seleccionei outro máis que, seguro que vos gusta moito, xa que interveñen nel as personaxes dos debuxos animados Lilo e Stitch. O recurso chamado "Stitch, el maestro del disfraz" é un recurso didáctico que consiste en disfrazar á Stitch a partir dun modelo que é dado previamente. O obxectivo deste recurso é ampliar os coñecementos que ten o alumnado sobre o Entroido. Podedes acceder aquí.

Espero que vos gusten moito. Vémonos pronto, un saúdo!

Recursos


¡Ola a todos e a todas!

Hoxe vouvos a falar dos recursos escollidos para o noso proxecto de aula. Aínda que parece que estivemos un pouco ausentes, en realidade estivemos traballando para conseguir os mellores recursos.

Por una banda, o primeiro recurso seleccionado foi O Entroido en Galicia que consiste en responder a preguntas ou continuar frases cunha palabra ou varias relacionadas co Entroido, seguindo a orde das letras do alfabeto. Co obxectivo de ampliar os coñecementos sobre o Entroido. Deixareivos por AQUÍ o enlace a este recurso.


Por outra banda, elixin o recurso Tipos de disfraces que consiste en atopar nunha sopa de letras diferentes tipos de disfraces. O obxectivo é ampliar o vocabulario que ten o alumnado con respecto ao Entroido. O ENLACE estará a vosa disposición.





E por último, seleccionei un recurso do máis divertido chamado Bikini Bottom Carnival que trata a temática do Entroido, a partir da realización de diversos xogos parecidos aos que se levan a cabo nalgunhas festas. O obxectivo fundamental deste recurso é transmitir os valores relacionados co Entroido. Ademais, o alumnado incluso pode aprender inglés. A continuación, deixareivos o ENLACE.




¡Ata o vindeiro post amigos e amigas!

mércores, 7 de febreiro de 2018

Proseguimos...

¡Benvidos un día máis ao noso blog!

Nas seguintes publicacións explicaremos as diferentes prácticas que vaiamos levando a cabo nas sesións da materia de Novas Tecnoloxías.

Na última delas, tivemos que decantarnos por un dos diversos proxectos a elixir pero, para iso, primeiro botámoslle unha ollada ao documento 3 "Proxectos de Prácticas", aí atopámonos con diversos enlaces dos diferentes proxectos a elixir. Despois de consultalos decantámonos por elaborar unha Revista Escolar Dixital, xa que aínda que, hoxe en día, unha gran porcentaxe de aulas contan con recursos TIC para empregala, ademais de que as TIC están presentes no noso día a día, polo que deseñaremos diversas activades que plasmaremos posteriormente na revista, co fin de que o alumnado aprenda a empregar de forma adecuada e positiva as novas tecnoloxías, ademais de fomentar a lectura nestes.

Seguiremos subindo diversas publicacións para mantervos informados, non vos esquecemos!


Un saúdo e moitas gracias por visitar o noso blog. 

martes, 6 de febreiro de 2018

Continuamos...

Seguimos traballando neste blog por iso iremos subindo pouco a pouco todos os traballos que vaiamos elaborando na materia.

Para comezar, tivemos que elixir cal sería o noso proxecto e, despois de darlle moitas voltas, decidimos traballar no tema da Revista Dixital, xa que, cremos que aínda segue sendo un instrumento pouco coñecido.
Ademais, estivemos revisando o documento 3: Proxectos de prácticas, no cal me decantei polos “Recursos para realizar un Periódico ou Revista Escolar Dixital” que recolle actividades de diversas áreas de coñecemento, as cales se poden realizar nunha aula de maneira divertida e amena.

Nos vindeiros post haberá moitas máis novidades con respecto aos novos proxectos que non debedes perder.

Un bico e moitas grazas pola vosa atención.

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...