¡Ola a todos e a todas!
Hoxe vouvos a falar dos recursos escollidos para o noso proxecto de aula. Aínda que parece que estivemos un pouco ausentes, en realidade estivemos traballando para conseguir os mellores recursos.
Por una banda, o primeiro recurso seleccionado foi O Entroido en Galicia que consiste en responder a preguntas ou continuar frases
cunha palabra ou varias relacionadas co Entroido, seguindo a orde das letras do
alfabeto. Co obxectivo de ampliar os coñecementos sobre o Entroido. Deixareivos por AQUÍ o enlace a este recurso.

Por outra banda, elixin o recurso Tipos de disfraces que consiste en atopar nunha sopa de letras diferentes
tipos de disfraces. O obxectivo é ampliar o vocabulario que ten o alumnado con
respecto ao Entroido. O ENLACE estará a vosa disposición.
E por último, seleccionei un recurso do máis divertido chamado Bikini Bottom Carnival que trata a temática do Entroido, a partir da realización de diversos xogos parecidos aos que se levan a cabo nalgunhas festas. O obxectivo fundamental deste recurso é transmitir os valores relacionados co Entroido. Ademais, o alumnado incluso pode aprender inglés. A continuación, deixareivos o ENLACE.

¡Ata o vindeiro post amigos e amigas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario