mércores, 21 de febreiro de 2018

Últimos recursos

¡Bos días a todos e a todas! 

Despois deste tempo que estivemos un pouco ausentes, como ben dixo a miña compañeira, traémosvos unha serie de recursos didácticos cos que ampliar os coñecementos sobre o Entroido, ao mesmo tempo que vos entretedes e o pasades ben. 

Eu téñovos preparados 3 recursos dos máis interesantes. O primeiro que escollín chámase "Caza do Tesouro: O Entroido en Galicia", que é un recurso moi útil para ampliar os coñecementos do alumnado con respecto ao Entroido, mediante a realización de diversas cuestións relacionadas con este. Podedes acceder clicando aquí.

O segundo que escollín ten un nome moi divertido "Entroido na Carballeira". Este é un recurso que se centra en diversas actividades, como contos, xogos, disfrazar aos personaxes, colocar as palabras nos recadros axeitados, etc. O obxectivo deste recurso é fomentar a tradición do Entroido, a través dunha historia sinxela. Podedes acceder aquí.



E, por último, seleccionei outro máis que, seguro que vos gusta moito, xa que interveñen nel as personaxes dos debuxos animados Lilo e Stitch. O recurso chamado "Stitch, el maestro del disfraz" é un recurso didáctico que consiste en disfrazar á Stitch a partir dun modelo que é dado previamente. O obxectivo deste recurso é ampliar os coñecementos que ten o alumnado sobre o Entroido. Podedes acceder aquí.

Espero que vos gusten moito. Vémonos pronto, un saúdo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...