venres, 11 de maio de 2018

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos... 

Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publicacións. 

A creación deste blog foi unha experiencia novidosa e única para min, xa que nunca antes tivera un. Nel, tanto a miña compañeira Tania e eu, plasmamos todas as actividades e recursos que elaboramos, ademais de facer unha pequena explicación de cada un deles.

Durante este cuatrimeste, na materia de Novas Tecnoloxías, podo dicir que aprendín moito acerca de blogs, ferramentas e actividades que estou segura de que me serán de gran axuda na miña futura labor coma docente. Ademais, non só aprendín sobre as TIC, senón que tamén aprendín técnicas e habilidades que me poden ser de gran apoio no meu día a día; como, por exemplo, como podería mellorar as miñas exposicións cun soporte visual en PowerPoint e a miña posta en escena.

Espero que disfrutarades moito con nós neste blog e que aprenderades moito acerca dos entroidos das tres vilas que conforman o Triángulo Máxico. Non dubidedes en acudir ao Entroido, estou segura de que disfrutariades moito!

 Unha aperta moi forte a todos os que nos seguistes!💗

Despedida...


Chegamos ao fin...

Con esta entrada despídome de todos vos, os que nos seguistes día tras día. 
Foi unha experiencia única a posibilidade de realizar un proyecto tecnolóxico e un blog, para ampliar os meus coñecementos sobre as novas tecnoloxías, a partir da utilización de diversas ferramentas, que con anterioridade non coñecía.

Coa elaboración do noso proxecto, aprendín unha morea de cousas (realizar actividades nultimedia, elaborar nubes de tags e códigos QR, deseñar un póster...). 
Ademais, foi un pracer poder compartir as nosas actividades cada semana con todos vós, as cales espero que fosen do voso agrado e que vos poidan servir de axuda á hora de ampliar os vosos coñecementos sobre o Entroido das tres vilas ourensáns (Verín, Xinzo de Limia e Laza) que compoñen o Triángulo Máxico. 


En definitiva, para min foi un pracer estar con todos e todas vos, polo que so me queda dicir:




Moitas grazas por estar día tras día,  e un bico!
😻💛💘😍😍❤️❤️❤️❤️




Proxectos expostos

Bos días!

Estamos chegando ao fin. Na última sesión, tiveron lugar as diferentes exposicións dos proxectos realizados por parte dos nosos compañeiros e compañeiras e, tamén, pola nosa parte.

Nestas exposicións, falamos sobre qué fixemos, é dicir, todas as actividades multimedia realizadas, o blog que creamos e o proxecto que levamos a cabo, no noso caso, unha revista dixital. Tamén explicamos cómo fixemos todas estas actividades a través de diferentes ferramentas. E, por último, explicamos porqué o fixemos. Para explicar todo iso, tivemos 5 minutos por persoa.

Desde o meu punto de vista, considero que todas as exposicións foron agradables e entendéronse de forma correcta e coherente, e que reflictiron todo o traballo que levamos facendo durante todo este tempo. 

Ademais, o soporte visual para levalas a cabo foi, en todos os casos, unha presentación de diapositivas realizadas nun PowerPoint, que permitía seguir a exposición de forma correcta e tiñan unha presentación moi agradable e adecuada para a vista.

Ata a próxima publicación!

Exposicións de aula


Moi boas a todos e a todas!

Hoxe, veño falarvos un pouco sobre a exposición dos proxectos de Novas Tecnoloxías, que expuxeron os meus compañeiros e as miñas compañeiras.

En primeiro lugar, teño que dicir que os traballos dos meus compañeiros e compañeiras foron moi satisfactorios, xa que todos/ as elaboraron un bo proxecto final.

En segundo lugar, as presentacións, dende a miña perspectiva, estiveron acordes aos contidos dos proxectos que elaboraron os meus compañeiros/as.

Por tanto, dende o meu punto de vista, creo que todos fixemos un bo traballo e que as exposicións elaboráronse de maneira correcta e foron axeitadas aos proxectos e aos contidos de cada un deles.

Ata a próxima semana!

Informe Final

Ola a todos e a todas!

Despois da realización de todas as actividades e recursos interactivos, traemos o informe final que elaboramos sobre o noso proxecto de prácticas: unha Revista Escolar Dixital.

Nel explicamos o porqué da nosa elección do proxecto, á hora de decantarnos pola revista dixital  e o contexto onde o levariamos a cabo. Ademais, aparecen reflictidos os obxectivos e as competencias clave que pretendemos conseguir coa elaboración do noso proxecto.

Inclúe tamén unha táboa de cada actividade realizada, cunha breve descrición, onde a levariamos a cabo e a duración desta.

E, por último, escribimos unha pequena conclusión.


Presentación

Benvidos e benvidas un día máis!

Hoxe queremos mostrarvos o soporte visual: unha presentación de diapositivas en PowerPoint, que empregaremos na nosa exposición sobre o noso proxecto final, ante os nosos compañeiros, compañeiras e profesores.

Esperamos que vos guste!

Revista Dixital


Moi boas entroideiros e entroideiras!


Nos últimos días estivemos elaborando a nosa Revista Escolar Dixital, para iso empregamos a ferramenta TIC: Calameo, un recurso moi útil para a realización de revistas dixitais e moi fácil de manexar.

Deixamos aquí o ENLACE a revista. 



Na nosa revista ides atopar todas as actividades, que realizamos ao longo do curso, relacionadas co Triángulo Máxico do Entroido galego. A través de diferentes ferramentas, tales como: Hot Potatoes, EducaPlay, EdiLim, Glogster...


Esperamos que vos gusten e que vos sirvan de axuda para ampliar os coñecementos sobre o Entroido. Ademais de divertirvos mentres as facedes. 





Ata a vindeira xornada!

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...