venres, 11 de maio de 2018

Actividades Multimedia Edilim


Boas a todos e a todas!

Esta semana, estivemos elaborando unha serie de actividades interactivas relacionadas co Entroido do Triángulo Máxico.
Para realizar estas actividades, empreguei unha aplicación que se chama Edilim, a cal permite crear diferentes materiais educativos en formato de Libro Interactivo Multimedia.



A primeira actividade que elaborei foi un puzzle que consiste en mover os diversos cadrados ata lograr formar unha imaxe relacionada co Triángulo Máxico. Neste caso, a imaxe que o alumnado debe descubrir é a figura principal do Entroido de Verín, o Cigarrón.



E, a segunda actividade realizada é de relacionar, consiste en que os nenos e nenas deben agrupar seis fotos en dous bloques, estes bloques están relacionadas co Entroido de Xinzo de Limia e co Entroido de Laza.


Deixo aquí o ENLACE as actividades realizadas.

Espero que vos gusten e ata a vindeira xornada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...