venres, 11 de maio de 2018

Coñecendo novas ferramentas... Hot Potatoes

Moi boas a todos e a todas!

Nestas últimas semanas estivemos explorando e coñecendo novas ferramentas para a elaboración de novas actividades multimedia. 

Hoxe vouvos a falar dunha delas, que se chama Hot Potatoes. Esta ferramenta permite a creación de diversas actividades multimedia, a través de diferentes recursos que son JCloze, JCross, JMatch, JQuiz e JMix, que posteriormente se xuntan con The Masher.

Resultado de imagen de hot potatoes

Con esta ferramenta levei a cabo 3 actividades interactivas sobre o Triángulo Máxico do Entroido galego, co fin de que o alumnado enriqueza os seus coñecementos sobre o entroido destas tres vilas e, así, sobre a cultura do seu entorno.

A primeira das actividades foi un pequeno cuestionario realizado con JQuiz, composto por preguntas sinxelas acerca do Triángulo Máxico, na que os alumnos e alumnas deben elixir a opción que consideren correcta. 

A segunda delas, foi unha actividade de relacionar con JMatch, na que o alumnado debe unir as frases da columna da esquerda coas frases da columna da dereita, de xeito que formen unha oración con sentido completo sobre o entroido.

E, por último, levei a cabo unha actividade de ordenar con JMix, na que o alumnado debe arrastrar as frases expostas para poñelas en orden co obxectivo de crear unha oración acerca do entroido destas vilas de forma correcta e con sentido.

Ademais, ao finalizar, empreguei o The Masher para unir todas as actividades realizadas con Hot Potatoes, que podedes ver e realizar pinchando neste enlace.


Un saúdo e vémonos na seguinte publicación, onde vos traerei outra ferramenta nova!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...