venres, 11 de maio de 2018

Última ferramenta nova... JClic

Ola a todos e a todas!

Nestas últimas semanas estivemos explorando e coñecendo novas ferramentas, como ben vos contei nos meus anteriores post. 

Nesta publicación contareivos sobre a última das novas ferramentas, JClic, outro recurso moi útil para levar a cabo diversas actividades multimedia interactivas.

Resultado de imagen de jclic

Con esta ferramenta, só elaborei un Crucigrama, na que os alumnos e alumnas, a partir dunha serie de enunciados ou definicións, deben escribir a palabra que consideren correcta nos recadros do crucigrama.

É un crucigrama sinxelo de realizar e no que se poden aprender novo vocabulario acerca do entroido das tres vilas que conforman o Triángulo Máxico. Podedes acceder pinchando no seguinte enlace: Crucigrama.

Un saúdo e espero que disfrutedes destas actividades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...