venres, 11 de maio de 2018

Seguimos coñecendo novas ferramentas... EdiLim

Benvidos e benvidas de novo!

Como vos contei na miña última publicación, seguimos explorando e coñecendo novas ferramentas. Hoxe véñovos a falar sobre outra delas, sobre EdiLim.

Esta ferramenta é útil para levar a cabo actividades de todo tipo. Eu creei 3 actividades interactivas: unha sopa de letras, unha de identificar imaxes e outra de relacionar.

Na Sopa de Letras, o alumnado debe atopar diferentes palabras relacionadas co entroido dunha das tres vilas que compoñen o Triángulo Máxico, neste caso, con Verín. Para iso, contan coas definicións das palabras para que lle sea máis doado atopalas.


Na actividade de Identificar Imaxes, os alumnos e alumnas deben identificar que é cada imaxe, para iso deben relacionar as palabras expostas coas imaxes dadas.



E, finalmente, na actividade de Relacionar, o alumnado debe relacionar as imaxes e palabras coas vilas do Triángulo Máxico, onde se leve a cabo dita actividade.



Podedes acceder a estas actividades a través do seguinte enlace: EdiLim Actividades.

Espero que disfrutedes das actividades, un bico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...