venres, 11 de maio de 2018

Actividades Multimedia Ardora


Ola a todos e a todas!

Hoxe, veño a falarvos dunha nova ferramenta TIC que empreguei para realizar dúas actividades multimedia interactivas. Esta ferramenta chámase Ardora e é unha aplicación informática, que permite crear contidos propios, dun xeito moi sinxelo, sen ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web. 

A primeira das actividades que elaborei foi unha sopa de letras na que o alumnado deberá buscar palabras relacionadas coas vilas que conforman o Triángulo Máxico do Entroido galego.


E, a segunda delas, é un puzzle que consiste en mover os cadrados ata opter unha imaxe relacionada co Entroido galego. Neste caso, a figura que o alumnado debe descubrir é a imaxe de todas as máscaras do Entroido de Galicia.


Deixo o ENLACE por aquí.

Ata a próxima semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...