mércores, 21 de marzo de 2018

Actividades Multimedia Educaplay

Moi boas Entroideiros e Entroideiras!

Nesta semana, estivemos elaborando unha serie de actividades multimedia moi sinxelas, relacionadas co noso tema, o Triángulo Máxico do Entroido galego.

Eu elaborei un Crucigrama, no que tedes que atopar diversas palabras relacionadas co Entroido destas vilas, a partir dunha imaxe ou dunha pequena descrición. Só tedes que escribir a palabra que creades que é a adecuada.


Tamén creei unha pequena Adiviña, na que debedes acertar que se esconde nesa imaxe, coa axuda 6 pequenas pistas, sobre algún compoñente do Entroido.


E, por último, redactei un pequeno Texto que, para que teña sentido, debédelo completar coas diversas palabras relacionadas deste Entroido. Só hai que seleccionar a palabra que se considere axeitada para o oco.


Esperamos que vos gusten e vos sirvan para coñecer un pouco mellor o Entroido destas vilas. Ademais de disfrutar levándoas a cabo e, por suposto, compartíndoas cos/as vosos/as amigos/as.


Vémonos no próximo post, un saúdo!

martes, 20 de marzo de 2018

Actividades Multimedia Educaplay

Ola a todos e a todas!

Hoxe, comezamos unha nova sección no blog, na que iremos publicando diversas actividades multimedia creadas por nos mesmas.

As actividades multimedia, que vos mostrarei a continuación, foron creadas na última sesión coa ferramenta Educaplay. Esta ferramenta ofrece unha gran cantidade de posibilidades para realizar actividades intereactivas de forma on line.

Por un lado, elaborei unha Sopa de Letras na que o alumnado deberá buscar palabras que teñen relación co Entroido do Triángulo Máxico.

Por outra banda, realicei unha actividade que consiste en Ordenar Letras para obter unha palabra relacionada co Entroido. O único que deberán facer é arrastrar as letras ata o sitio adecuado.

E, para rematar, creei un Test no que os alumnos e alumnas poden poñer a proba os seus coñecementos sobre o Entroido. A proba consta de cinco preguntas moi sinxelas, na maioría das preguntas o alumnado poderá elixir entre 4 catro respostas aínda que, tamén aparece algunha pregunta na que deberán escribir a resposta.

¡Ata a próxima entrada amig@s!

mércores, 14 de marzo de 2018

Caza do Tesouro

Ola a todos e a todas!!

Nos últimos días estivemos elaborando unha Caza do Tesouro relacionado co Triángulo Máxico do Entroido galego, composta por unha pequena introdución, unha serie de preguntas e unha pregunta grande.
Para responder a esas preguntas puxemos enlaces a páxinas onde poder obter a información necesaria.
Ao final, tamén puxemos os criterios de avaliación e os créditos.

Esperamos que vos guste, podedes clicar AQUÍ para acceder á nosa Caza do Tesouro.



Un bico e ata a próxima!

Recursos Audiovisuais


¡Boas a todos e a todas!

Como ben puidestes observar nas anteriores entradas, mostrámosvos unha serie de recursos que foron elixidos por nós en diversos repositorios para incluír no noso proxecto final.

Pois ben, hoxe traemos unha serie de recursos audiovisuais creados por nós mesmas, para confecciónalos tivemos que utilizar algunhas das ferramentas que vos mostramos a semana pasada.

Por unha banda, Tania creou un Voki no que, unha personaxe disfrazada de vaqueira, invita aos nenos e nenas a acudir ao Entroido do Triángulo Máxico. Ademais, esta personaxe realiza unha recopilación do que poden encontrar nestas vilas durante os días nos que se celebra o Entroido.



Por outro banda, Uxía elaborou un Videoquiz con Educaplay no que se fala a grosso modo sobre o Entroido de Verín, Xinzo de Limia e Laza. Durante o transcurso do video irán aparecendo diversas preguntas para que os nenos e nenas poñan a proba a súa capacidade memorística e de atención.


E, para rematar, creamos en conxunto un video turorial no que falamos do Entroido en Galicia, concretamente do denominado Triángulo Máxico, o cal está formado polas vilas de Verín, Xinzo de Limia e Laza. Neste video tutorial mostraremos como é o día a día nestas vilas durante as semanas previas e a semana grande do Entroido xa que, este triángulo segue tendo as súas bases na tradición e na historia deses pobos.

¡Ata a próxima amigos e amigas!

martes, 6 de marzo de 2018

Recursos Audiovisuais


¡Benvidos e benvidas un día máis!

Comezamos unha nova sección no noso blog, que terá como obxectivo principal a creación de recursos audiovisuais.

Por iso, hoxe veño a falarvos sobre dúas ferramentas que me pareceron moi útiles e sinxelas á hora de crear recursos audiovisuais.

Por unha banda, Stop Motion é unha ferramenta que nos permite crear unha animación ou un corto a partir dunha técnica de rodaxe. Esta técnica, consiste en realizar diversas fotografías que van variando de posición ata lograr un efecto de movemento. Unha vez realizadas todas as secuencias fotográficas, traballaremos  cun editor de vídeo, como Monkey Jam ou dragonframe, nos que poderemos crear un vídeo cunha maior calidade.

Por outra banda,  a seguinte ferramenta da que vos vou falar é PowToon que nos permite realizar vídeos e presentacións, tanto a nivel laboral ou profesional como a nivel persoal. Cabe destacar, que esta ferramenta é moi sinxela de usar xa que, para crear un vídeo simplemente deberemos arrastrar os diversos carácteres. Ademais,  en PowToon poderemos facer vídeos animados para os máis pequenos, os cales aprenderán coñecementos dunha forma máis amena e divertida.

¡Ata o vindeiro post amigos e amigas!


Recursos Audiovisuais

De seguro que a todos e a todas bos vos gustaría aprender de forma animada e divertida, non? 

Pois ben, nos últimos días estivemos observando e probando as ferramentas suxeridas na aula para aprender a crear os nosos propios recursos audiovisuais, que nos serán de gran axuda na nosa futura labor como docentes, para que os nosos alumnos e alumnas aprendan de forma divertida e animada.

Hoxe falarémosvos dalgunhas destas que nos pareceron de gran utilidade. 
A min, persoalmente, gustoume moito EducaPlay, xa que é unha ferramenta moi sinxela de manexar e, sobre todo, porque ademais de traer un amplo abanico de diferentes actividades para realizar, permite crear os nosos propios recursos coma, por exemplo, actividades de completar, crucigramas, videoquiz, ditados, test, presentacións e moitos máis. Desde o meu punto de vista, considero que é unha ferramenta de gran utilidade e que se pode aprender moito de forma animada grazas a ela.

Para rematar, gustaríame falarvos doutra ferramenta que seguro que vos é de gran utilidade no voso día a día, o editor de vídeo Movie Maker. A diferenza da anterior ferramenta, esta haina que descargar, pero tamén é sinxela de manexar. Permítenos realizar estupendos vídeos ou películas, que podemos personalizar ao noso gusto, a través de numerosas fotos, vídeos e audios.

Espero que vos sexa de gran utilidade esta información e que creedes diversos recursos animados e divertidos. 

Ata a próxima!

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...