venres, 11 de maio de 2018

Actividades Multimedia Hot Potatoes


Ola chicos e chicas!

Hoxe, veño a mostrarvos unha nova ferramenta TIC que se chama Hot Potatoes coa que se poden crear diversas actividades interactivas. Hot Potatoes está composto por seis  recursos ou ferramentas que se denominan JQuiz, JCloze, JMatch, JCross, JMix e The Masher.
Con esta ferramenta elaborei tres actividades que están relacionadas co Entroido do Triángulo Máxico.

A primeira actividade elaborada chámase “Ordena a frase” que consiste en ordenar unha frase colocando as diversas partes dela que aparecen debaixo desordenadas.  Para realizar este exercicio utilicei o recurso JMix.

JMatch foi o recurso elexido para elaborar a segunda actividade “Cada un coa súa parella” que consiste en emparellar, é dicir, o/a alumno/a deberá facer coincidir os elementos da dereita cos elementos da esquerda.

E, finalmente, a terceira actividade elaborada chámase “Crucigrama” e consiste en completar o crucigrama coas diferentes pistas que irán aparecendo. Para realizar esta actividade empreguei o recurso JCross. Ademais, usei Masher para unir e enlazar as tres actividades realizadas.

Deixo aquí o ENLACE as actividades.

Espero que as actividades elaboradas e a ferramenta enpregada “Hot Potatoes” sexa do voso agrado, xa que é un recurso moi útil para realizar exercicios de apoio ao alumnado.

Ata a semana que vén!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...