Seguimos
traballando neste blog por iso iremos subindo pouco a pouco todos os traballos
que vaiamos elaborando na materia.
Para comezar,
tivemos que elixir cal sería o noso proxecto e, despois de darlle moitas
voltas, decidimos traballar no tema da Revista Dixital, xa
que, cremos que aínda segue sendo un instrumento pouco coñecido.
Ademais, estivemos
revisando o documento 3: Proxectos de prácticas, no cal me decantei polos “Recursos
para realizar un Periódico ou Revista Escolar Dixital” que recolle actividades de diversas áreas
de coñecemento, as cales se poden realizar nunha aula de maneira divertida e amena.
Nos vindeiros
post haberá moitas máis novidades con respecto aos novos proxectos que non
debedes perder.
Un bico e moitas
grazas pola vosa atención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario