¡Benvidos e benvidas
a todos e todas ao blog!
Antes de nada, gustaríame aclarar que este blog foi creado para a materia de Novas Tecnoloxías, na
cal eliximos o tema “Triángulo Máxico” que se refire, como o seu nome ben
indica, ao triángulo que mellor representa o Entroido galego.
Ademais, a miña
compañeira e eu escollemos esta temática por dous motivos; un deles é que nos
sentimos moi identificadas co Triángulo Máxico, xa que nos provimos dunha das
vilas deste triángulo; e o outro motivo é que temos que loitar para que a nosa
cultura siga presente no noso día a día.
En canto á materia,
teño que dicir, que non puiden acudir a
primeira clase polo que pouco a pouco estou adquirindo nova información acerca
desta. Aínda que, eu penso que as prácticas desta materia me van a ser moi
útiles para desenvolver a miña futura labor de docente.
Un pracer e… ¡Ata
o próximo post!
Ningún comentario:
Publicar un comentario