mércores, 31 de xaneiro de 2018

REFLEXIÓN INICIAL

¡Moi boas a todos e a todas!

Aquí vos traemos un blog cargadiño de entradas sobre o Entroido galego, en especial, sobre o famoso "Triángulo Máxico" composto polas vilas de Verín, Xinzo de Limia e Laza. 
Eliximos este tema, xa que, como ben dixo a miña compañeira, provimos dunha das vilas deste triángulo; pero non só por iso, tamén, porque é unha Festa de Interese Turístico Nacional que pertence á nosa cultura e non queremos que se perda, por iso, neste blog queremos transmitir os nosos valores ancestrais a nivel internacional.

Con respecto á materia, considero que só teño os coñecementos básicos en informática, polo que esta materia, tanto a nivel teórico como a nivel práctico, axudarame a formarme máis neste ámbito, o cal poderei aplicar na miña futura labor como docente, ademais de aplicalo tamén no meu día a día, xa que na actualidade as novas tecnoloxías desempeñan un papel fundamental.


¡Un saúdo e ata a próxima entrada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida...

Isto chegou a súa fin e hoxe toca despedirnos...  Antes de nada, gustaríame darvos as gracias por seguirnos día tras día nas nosas publ...