¡Benvidos e
benvidas un día máis!
Comezamos unha
nova sección no noso blog, que terá como obxectivo principal a creación de
recursos audiovisuais.
Por iso, hoxe
veño a falarvos sobre dúas ferramentas que me pareceron moi útiles e sinxelas á
hora de crear recursos audiovisuais.
Por unha banda, Stop
Motion é unha ferramenta que nos permite crear unha animación ou un corto a
partir dunha técnica de rodaxe. Esta técnica, consiste en realizar diversas
fotografías que van variando de posición ata lograr un efecto de movemento. Unha
vez realizadas todas as secuencias fotográficas, traballaremos cun editor de vídeo, como Monkey Jam ou dragonframe,
nos que poderemos crear un vídeo cunha maior calidade.
Por outra banda, a seguinte ferramenta da que vos vou falar é PowToon
que nos permite realizar vídeos e presentacións, tanto a nivel laboral ou
profesional como a nivel persoal. Cabe destacar, que esta ferramenta é moi
sinxela de usar xa que, para crear un vídeo simplemente deberemos arrastrar os
diversos carácteres. Ademais, en PowToon
poderemos facer vídeos animados para os máis pequenos, os cales aprenderán
coñecementos dunha forma máis amena e divertida.
¡Ata o vindeiro
post amigos e amigas!